Capa 52

A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan Galego protexe o pan de trigo elaborado de xeito tradicional en Galicia.

O Pan Galego/Pan Gallego é un pan de codia de rotura triscante e de dureza variable en función do formato, miga esponxosa e alveolado abundante e irregular, que se elabora de forma artesanal.

Utilízase fariña de trigo brando (Triticum aestivum, L.), da cal unha parte procede de trigos cultivados na comunidade autónoma de Galicia pertencentes a variedades e ecotipos autóctonos (os comunmente denominados Trigo país ou Trigo galego).

A súa elaboración caracterízase pola utilización de formento e unha elevada cantidade de auga, así como polos longos tempos de fermentación e cocción, esta última sempre enfornos con soleira de pedra.