Capa 52

A Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan Galego protexe o pan de trigo elaborado de xeito tradicional en Galicia.

O Pan Galego é un pan de codia triscante e de dureza variable, en función do seu formato, cunha miga esponxosa, abundante e irregular, que se elabora de forma tradicional.

Utilízase fariña de trigo brando (Triticum aestivum, L.), da cal unha parte procede de trigos cultivados na comunidade autónoma de Galicia pertencentes a variedades e ecotipos autóctonos (os comunmente denominados Trigo país ou Trigo galego).

A súa elaboración respecta o método tradicional, polo que a maioría dos procesos realízanse manualmente, e caracterízase polos seus longos tempos de fermentación e cocción en fornos de soleira de pedra ou outros materiais refractarios.