Envasadores

¿Tes un obrador ou panadería? ¿Queres ser parte de Pan Galego IXP?

Como obter a certificación

Para obter a certificación cómpre inscribirse no rexistro correspondente.

1) Consultar a información necesaria.

A través do Consello Regulador, ou ben a través da Agacal (no correo agacal.certificacion@xunta.gal ou no teléfono 881 997 279).

A Agacal porá a disposición da persoa solicitante o cartafol de inscrición, que contén o Regulamento e prego de condicións da IXP Pan Galego, as condicións esixibles aos operadores, a guía de certificación e outras informacións de interese, xunto co formulario deinscrición no rexistro, as instrucións para cubrilo e a documentación adicional que se require.

Esta documentación estará dispoñible na web: pangalego.org

2) Presentar o formulario de inscrición e a documentación complementaria.

As solicitudes de inscrición dirixiranse a o Consello Regulador, e poderán presentarse no Consello Regulador ou na Agacal, por correo electrónico ou postal ou ben de xeito presencial:

Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal)
Departamento de Protecciónda Calidade Diferenciada

Avda. do Camiño Francés, nº 10-baixo 15703 Santiago de Compostela, A Coruña
Teléfono: 881 997 279 Fax: 981 546 676
Correo electrónico: agacal.certificacion@xunta.gal
Tamén se poden presentar a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.

Descobre os nosos elaboradores certificados.